lunes, 19 de enero de 2009

Deus e o Clemente

Parece ser que o noso colexio maior se emociona coa chegada dos exames, cousa que é normal até certo punto pois quen ten cu ten medo.Este medo aos exames crea certa espiritualidade, dandolle ao pobo clementino unha especie de desexo de tomar parte dunha acción divina que en condicións historicas faborabeis crea un aprobado.Así podemos ver como aparecen testos cristians nas nosas bibliotecas con guias pedagoxicas para o desenvolvemento espiritual dos nenos, como nos nosos libros se nos fala de desdoblamento astral,ou como as memorias de Fraga están no que son os libros de emprestitos.Outros mentres tanto creen nos vampiros mentres nós lemos nun libro azul.A vida universitaria pasa por ser a nosa relixión.O noso Deus é o vivir en Santiago e todo iso recibe a nosa oración.Así mentres ledes estas liñas dadesvos de conta de que todo o que escribimos non ten sentido, pero iso si fixemos que durante uns segundos non te centraras en como cando seas maior vas operar un home, darlle unhas pastillas para non sei que, escribir na prensa do corazón ou predicar para a sociedade.

martes, 9 de diciembre de 2008

Novas xeracións do Pp

Proximamente nos cines galegos poderemos ver a mellor pelicula de terror na Galiza.Tense previsto unha maior recaudación que con Titanic e a relación de amor narrada supera a do Crepusculo e Bambi xuntas.Resulta moito máis poetica que a pelicula de hight school musical e conten datos que poden destrozar a historia como ocorreu co codigo da vinci.

xa nas tuas pantallas.

http://www.youtube.com/watch?v=If4bmZkiQgA&eurl=http://novasxeracionsaestrada.blogspot.com/&feature=player_embedded

lunes, 24 de noviembre de 2008

Cumpleanos papito

O día pasado acabo de cumprir 19 anos, unha putada por que xa me sinto máis vello e ao pouco vou camiño de rematar aparcado nun asilo XD, pero bueno de aqui aló ainda me quedan moitos cumpleanos máis.O mellor disto é cumplir no Clemente, pois nel un recibe o apego de todos e por un día os meus chistes e expresions absurdas que oides todos os dias vos teñen gracia, non sei se será por que cumplo anos ou por que teñen gracia (Me temo que será o primeiro e non o segundo, pero bueno todo pode ser...E a ilusión a que o teu comentario fixese gracia pois non é mala).

Bueno grazas a vós son o supercomunista do Clemente XD

un saudo a todos por un día no que son máis vello pero no que grazas a vós son máis humano (Ou algo asi, eu queria por algo que soase moi intelectual e a vez moi sentimental e parece o máis apropiado)

pd:Tamén me sinto vastante anticuado, creo que sacaron o Humano da década dos 2000 e eu ainda son dos 90.

jueves, 20 de noviembre de 2008

Disney toma o colexio maior


Seica walt disney foi desconxelado este mercores para acoder ao cumprenaos de posision e máis yudoka.Puidemos ver como a familia de debuxos tomaba vida e a vez ocupaba o CM.Tal festa dexenerou ate tal punto que os persoaxes da disney foronse a berrarlle aos personaxes da Warner que ocupaban os demais colexios maiores.No fondo foi unha forma moi extraña de felicitar os 18 cumpleanos da xente do Cm pero todo o mundo o pasou moi ben pese as restripcions impostas dende dirección que iso dá para moito...(A las 12 en cama XD)


Por extraño que pareza non apareceron pola festa os individuos de hihgt school musical XD


felicidades xente

lunes, 3 de noviembre de 2008

A aposta segue en pe ¡¡¡¡FAGAN XOGO SEÑORES!!!!!

4 día da dieta de Papito para derrotar a Nacho e que este se teña que rapar integro, comezan a desputarse grandes piques en ambolos dous amigos.A Papito importalle tanto ganar que fai exercicio pola Lameda (Veridico) e non bebe nas festas.Mentres tanto Nacho recorre a malas xogadas para que Papito se renda, agora todos os luns xanta canelóns de súa nai diante do home en rexime, mentres este adoece de fame na sua presencia.Non podemos avanzar como rematara isto a final do curso, o que si sabemos e que nos queda un gran treito polo medio co que son as matanzas e máis o nadal o cal despois do mesmo trae o carnaval e...Demomento Papito fixose cun entrenador persoal clementino o cal lle ensinou como facelo exercicio sen matarse e botar o figado pola boca.Seguiremos informando

jueves, 30 de octubre de 2008

¿Que pasará na festa do novato?

Oxe vamos facer diferentes pronosticos do que poderá ocorrer na festa do novato e logo faremos un blog cos acertos, esperemos que sexa o maior número deles posibles pero bueno non todo será acertar, a ver as risas que se poden botar dos pronosticos:

A beata deixará de ser cristiá e dedicarase a outras cousas que a rezar e a parir a xesucristo.
Papito seguirá coa dieta e non beberá o que fará que cargue con roberto e o resto de novatos.
Aser fará o ridiculo,nadará no estanque e enfadarase ao ler isto, por que no fondo le o noso blog.(Como telecinco con se lo que hicisteis).
Habrá sardiñada para todos.
Deus vira de cadarso a emborracharse pero como non é nada non o veremos.
Nacho depilarase vendo o futuro que lle espera
¿Vira o compañeiro de mufasa?¿Estara vendo Heroes?¿Lerá o blog de papito e roberto?¿Terá tuenti?

A continuación cubra a encuesta suscitadora de lios

miércoles, 29 de octubre de 2008

Apostas sobre Papito


A aposta queda feita,se a final de curso, Papito queda delgado e fortachon nacho afeitase integramente...


Dende a publicación queremos facer un adianto do que será o fúturo emprego do señor nacho pois xa lle sairon duas ofertas de emprego a de presentar a loteria de nadal nun anuncio ou a de vender certo tipo de atún.