lunes, 19 de enero de 2009
Deus e o Clemente
Parece ser que o noso colexio maior se emociona coa chegada dos exames, cousa que é normal até certo punto pois quen ten cu ten medo.Este medo aos exames crea certa espiritualidade, dandolle ao pobo clementino unha especie de desexo de tomar parte dunha acción divina que en condicións historicas faborabeis crea un aprobado.Así podemos ver como aparecen testos cristians nas nosas bibliotecas con guias pedagoxicas para o desenvolvemento espiritual dos nenos, como nos nosos libros se nos fala de desdoblamento astral,ou como as memorias de Fraga están no que son os libros de emprestitos.Outros mentres tanto creen nos vampiros mentres nós lemos nun libro azul.A vida universitaria pasa por ser a nosa relixión.O noso Deus é o vivir en Santiago e todo iso recibe a nosa oración.Así mentres ledes estas liñas dadesvos de conta de que todo o que escribimos non ten sentido, pero iso si fixemos que durante uns segundos non te centraras en como cando seas maior vas operar un home, darlle unhas pastillas para non sei que, escribir na prensa do corazón ou predicar para a sociedade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario