miércoles, 22 de octubre de 2008

San Clemente


O CM San Clemente atópase situado no Campus Sur ao lado do clube de alterne Fonseca e da expresión da nada Cadarso.


É a expresión do arquitecto Jenaro de la Fuente (ou algo asi, sendo de 1942 pouca xente se acorda do tema...), quen paseando pola Lameda dixo "Ostia, aqui non hai nada hai que facer algo", deseñou o Clemente como residencia de estudantes, Fonseca como un lugar para que os estudantes se entretivesen e deixou un espazo sen ocupar ousexa un Cadarso.


As persoas do Clemente por definición soen ser as mellores da comunidade universitaria coñecidos mundialmente polas suas elevadas festas e saidas asi como pola sua maneira de ser comunicativa e de grande expresionalidade que se plasma en frases celebres como "Eu falo ghramaticalmente correcto".


Segundo a USC misturase un "rancio abolengo" coas modernas instalacións, o de rancio abolengo ainda ninguen sabe realmente o que é pero o das modernas instalacións depende do momento historico que tomes como punto de partida.


En definitiva o CM San Clemente é un lugar onde como universitario podes vivir os mellores momentos da tua vida!!!!